Thursday 02 de May de 2024

Os Valle-Inclán decorados por escolares da Pobra conforman unha nova exposición


A creatividade das crianzas da educación infantil da Pobra do Caramiñal é a protagonista dunha nova mostra que se exhibe na casa da cultura Raquel Fernández Soler.

Esta nova exposición atópase conformada por siluetas de Valle-Inclán decoradas polos/as escolares da E.E.I. Fernández Varela, do Monte Carmelo e das unitarias do Vilariño, A Granxa e A Angustia, ao abeiro das XXIV Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán que se desenvolveron en outubro.

A concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), xunto coa técnica municipal desta área, Fita Sanisidro, explica que a finalidade da actividade Pinta a Valle-Inclán é que as nenas e nenos comecen a familiarizarse co literato dunha maneira lúdica aplicando distintas técnicas plásticas a reproducións do cartel da edición deste ano.

As visitas pódense efectuar ata finais do mes de xaneiro, de luns a venres, en horario de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas.